Archive for the ‘Charlas’ Category

postheadericon Charla: Motivación para o estudio

20130408-082528.jpg

Desde a Concellería de Educación do Grove, e de acordo ás iniciativas que durante este curso se puxeron en marcha para evitar o fracaso e o absentismo escolar no concello, poñemos agora en marcha unha nova actividade dirixida a nais e pais con nenos en idade escolar, independentemente do curso no que estean matriculados. A charla “MOTIVACIÓN PARA O ESTUDIO. GUÍA PARA PAIS E NAIS” desenvolverase o vindeiro venres, 12 de abril, ás 19.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Terá unha duración aproximada de dúas horas e estará dirixida a motivar e dirixir a atención dos nenos sobre os estudios cunhas técnicas de aplicación de psicoloxía infantil e xuvenil.

As mellores técnicas de estudio fracasan si o estudante non atopa suficientemente motivación para concentrar o seu esforzo en aprender e estudar. A falta de capacidade para motivarse é causa de bastantes fracasos escoalres. O alumno posee capacidade de asimilación, que demostra esporadicamente, pero déixase levar por un camiño onde predomina a falta de constancia, desgana, desinterese e unha tendencia a distraer ou fixar a atención con actividades axenas ao estudo.

Na charla trataranse os seguintes temas.

Evaluación e cambio de hábitos
Lograr a concentración en clase, diante dun libro ou á hora de facer os deberes.
Cada neno é un mundo
Motivación positiva cara o estudio.
Fomentar actitudes positivas
Coordinación entre pais e profesores
Recursos municipais
Confiamos en que esta actividade sexa do seu interese, e convidámolo a participar nela. E solicitámoslle, asemade, a máxima difusión entre os socios e socias das ANPAS das que forman parte, así como do resto da comunidade escolar.

Follow

Get every new post on this blog delivered to your Inbox.

Join other followers: