postheadericon Dia Mundial del Medioambiente

Dia Mundial del Medioambiente

 

Este xoves 5 de xuño celebramos o “Día Mundial do Medioambiente” coa entrega de Premios do Concurso de Fotografía Mediambiental e un fantástico espectáculo de títeres.

Laranxus 7, planeta no que habita un extraterrestre chamado Verde, é invadido por uns malvados invasores, polo que Verde deberá embarcarse nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa travesía levarao a coñecer distintos lugares e razas do universo que acabarán por cambiarlle a súa visión do mundo e a descubrir o verdadeiro valor da amizade.

Este espectáculo tratará temas como a ecoloxía, a tolerancia, a amizade e a solidariedade, e vai dirixido a todos os públicos a partir de 3 anos. De balde.

Inscrición nas bibliotecas, no tfno. 986 732 341, no e-mail biblioteca@concellodogrove.com ou por privado ao Facebook

Vémonos na biblioteca!!!

Comments are closed.

Follow

Get every new post on this blog delivered to your Inbox.

Join other followers: