postheadericon PERCORRIDOS E DISTANCIAS para a 2ª CARREIRA DA LIGA

Xa temos o diseño do que van ser as diferentes carreiras deste próximo domingo en Feáns. Como novidade haberá carreira para as categorías xuvenil e senior sobre unha distancia de 2600 m. para que todo o mundo se anime a participar. Vémonos o vindeiro Domingo 6 de Marzo

Percorridos e distancias Feáns

postheadericon CLASIFICACIÓNS

Despóis da primeira carreira xa temos os puntos asignados en cada categoría en función do posto acadado nesta proba. Anímate na vindeira carreira de febreiro a seguir sumando puntos na liga, e se non puideches vir ao Valle Inclán convidámosche a meterte na liga na segunda proba. Read the rest of this entry »

postheadericon GALERÍA DE FOTOS DA PRIMEIRA CARREIRA

Éxito rotundo na primeira das citas desta liga. Preto de 300 escolares se deron cita na matinal deste 6 de Decembro no colexio Valle Inclán para disfrutar correndo nun circuito moi vistoso a carón mesmo da Ría de Arousa. Nos próximos días colgaremos as clasificacións desta primeira carreira. A continuación podedes acceder á ampla galería de fotos do evento pinchando na foto.

carreira cole

postheadericon PERCORRIDO e DISTANCIAS da proba deste domingo 6 de Decembro- Colexio Valle inclán

circuito cole

postheadericon Fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º e 5º de primaria e 2º e 4º ESO

A Consellería de Educación crea un fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2015/16.

Todos os centros docentes sostidos con fondos públicos deberán dispoñer dun fondo solidario de libros de texto, que estará integrado por:
1. Todos os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/15, que o alumnado beneficiario está obrigado a devolver.
2. Os libros de texto e o material didáctico vixente e útil voluntariamente cedido ao fondo.

Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2015/16 nos niveis educativos incluídos.
O centro asignará o uso dos libros de texto dispoñibles por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2015.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED330D
Máis información no DOG do 1 de xuño de 2015 e en www.edu.xunta.es

Follow

Get every new post on this blog delivered to your Inbox.

Join other followers: